Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2017

O comezo de todo

Imaxe
A horta escolar do I.E.S. Pedro Floriani é un proxecto que se leva xestando un tempo e que, este curso, comeza a coller forma. A idea é que participen nel alumnos e profesores do Floriani. Neste blog imos dar conta dos nosos avances. O primeiro paso foi delimitar a zona de traballo, remover a terra, buscar compostación e, coa chegada da primavera, comezar a plantación: árbores (castiñeiros), cabazas, tomates, pementos... Plantando castiñeiros.