Hai días que son especialmente produtivos. O pasado xoves, día 16 de novembro, díade folga no ensino foi un deses días. Javier, Alejandro, Pedro e Iván estiveron traballando case toda a mañá na horta. Tamén se uniron con entusiasmo Sofía e Araiz. O resultado pódese apreciar nas fotos de Javi. O traballo fundamental foi limpar a zona onde estiveron plantadas as cabazas e recoller as poucas que quedaban. Preparativos Despois, queriamos delimitar as zonas de cultivo. Para iso decidimos empregar os palés que trouxeramos o curso pasado, Desmontamos varios e coa madeira fixemos marcos. Por último, plantamos coliflor e regamos a coliflor, a rúcula, as nabizas... e os pementos, que aínda quedan.
Comentarios
Publicar un comentario