Plantamos nabizas


Onte, na hora de Hábitos Saudables, vistamos a horta por primeira vez coa profe Cristina e con Rosa.
Plantamos nabizas, debido a que están de temporada. Tiñamos que plantar nese día porque era cuarto minguante1.
A horta sitúase tras o ximnasio. Había varias zonas xa planadas por outros cursos e un invernadoiro feito polos nenos e nenas de segundo, que cando o fixeron estaban en primeiro, a base de botellas de plástico. Deixárono sen terminar e, seguramente, rematarémolos nós.
Había dúas zonas limpas coa terra seca. Unha pertencíanos a nós e a outra a Primeiro B.
Dividíronnos en dous grupos. O grupo A tomou un puñado de terra e a profe Cristina botounos sementes de nabiza coa terra. Con isto fixemos unha mestura para esparexer as semente; fómolo facendo un por un. Acto seguido o grupo B angazou a terra e foi buscar auga coas regadeiras. Ao regar algún case afoga as plantas!

En xeral, foi unha boa experiencia.


María Faro



O día 10 de outubro fomos por primeira vez á horta do instituto. Fomos con Cristina, a profesora de Bioloxía, e con Rosa Ligero. A horta empezara a funcionar o ano pasado co alumando de 3º de ESO, que agora están en 4º, co 1º F.P. Básica de Servizos Administrativos.
Cando vin por primeira vez o invernadoiro, quedei abraiado, con aquelas botellas postas en fila como se fose unha especie de cortina! Tamén había unhas cabazas xigantes e unha zona chea de cultivos que non sei o nome (tomates, pementos).
A nós tocounos unha zona pequena cunha terra máis seca do normal e un montón de pedras xigantes. O primeiro que fixemos foi plantar nabizas. A profe mandounos coller un puñado de terra e despois botounos unhas poucas sementes na man para que foramos sementando por todo o terreo. Tres compañeiros foron buscar auga á billa para regar mentres que outros estaban angazando todo.
A experiencia gustoume moito aínda que se tivera que facer iso todos os días cansaríame moito.
Por último, recollemos todo e marchamos para a clase2.

Lucas García

1Do relato de “Manu”.

2Do relato de “Rosi”.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Un día de folga

Charla sobre compostaxe