Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2017

Un día de folga

Imaxe
Hai días que son especialmente produtivos. O pasado xoves, día 16 de novembro, díade folga no ensino foi un deses días. Javier, Alejandro, Pedro e Iván estiveron traballando case toda a mañá na horta. Tamén se uniron con entusiasmo Sofía e Araiz. O resultado pódese apreciar nas fotos de Javi.  O traballo fundamental foi limpar a zona onde estiveron plantadas as cabazas e recoller as poucas que quedaban. Preparativos Despois, queriamos delimitar as zonas de cultivo. Para iso decidimos empregar os palés que trouxeramos o curso pasado, Desmontamos varios e coa madeira fixemos marcos. Por último, plantamos coliflor e regamos a coliflor, a rúcula, as nabizas... e os pementos, que aínda quedan.

Charla sobre compostaxe

O pasado luns, 13 de novembro, veu ao IES Pedro Floriani o técnico de medio ambiente do concello de Redondela para darnos unha charla sobre compostaxe. Falou para o alumnado de 1º de ESO. A continuación o alumnado de 2º ESO B axudoulle a montar o noso composteiro escolar.

Visita á horta de Servizos Administrativos

Plantación de nabizas e de Lavanda Onte na última sesión da mañá, fomos á horta coa nosa titora Nuria e o profesor Emilio a plantar nabizas e lavanda, e a regar as colleitas que xa estaban plantadas. Primeiro ensinounos Emilio as plantacións dos outros cursos e logo fomos á parte esquerda da horta. Onde hai unha pequeniña con diversas plantas. Aquí plantamos a lavanda. Na horta grande plantamos as nabizas. Emilio botounos unhas poucas sementes de nabizas na man a cada un e esparexémolas polo terreo, despois angazamos a terra. Por último, regamos. Estaba un pouco seca de máis, pero é entendible, xa que o tempo non estivo nada húmido nestes meses. Usos da lavanda: A lavanda utilízase en infusión para as xaquecas, pode axudarche a aliviar o insomnio. Resulta apropiada como dixestivo, axuda a aliviar o estrés, e tamén é boa para as mordeduras de insectos, queimaduras solares, dores musculares e para os piollos. Tamén se utiliza como ambientador, repelente de couza