Un día de folga

Hai días que son especialmente produtivos.
O pasado xoves, día 16 de novembro, díade folga no ensino foi un deses días.
Javier, Alejandro, Pedro e Iván estiveron traballando case toda a mañá na horta. Tamén se uniron con entusiasmo Sofía e Araiz.
O resultado pódese apreciar nas fotos de Javi.
 O traballo fundamental foi limpar a zona onde estiveron plantadas as cabazas e recoller as poucas que quedaban.
Preparativos

Despois, queriamos delimitar as zonas de cultivo. Para iso decidimos empregar os palés que trouxeramos o curso pasado, Desmontamos varios e coa madeira fixemos marcos.
Por último, plantamos coliflor e regamos a coliflor, a rúcula, as nabizas... e os pementos, que aínda quedan.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Charla sobre compostaxe