UBICACIÓN


El IES PEDRO FLORIANI está situado na vila de Redondela, capital do concello do mesmo nome, na provincia de Pontevedra.

      O instituto atópase situado na Enseada de San Simón. Redondela é un concello esencialmente costeiro cuns 15 km de litoral. O terreo, en todo o termo municipal é accidentado, cun sistema montañoso que se desenvolve paralelo á costa con elevacións que no superan os 450 m. Consta con catorce parroquias. Ademáis destas parroquias forman parte da contorna deste IES os concellos limítrofes dos que proceden parte do noso alumnado: o alumnado da ESO procede,  cáseque,  na súa totalidade das parroquias de Cabeiro e de Reboreda, maioritariamente agrícolas. 

     Redondela limita ó norte co concello de Soutomaior, ó leste,  con Pazos de Borbén, ó sul cos de Mos e Vigo,  e ó oeste coa ría de Vigo, que conforma,  na súa parte máis interior,  a Enseada de San Simón. Nesta contorna desembocan os dous ríos que atravesan o municipio: o Alvedosa y o Maceiras.
 







     A elección do espazo para a horta escolar, non resultou difícil, pois o centro conta cun amplo terreo situado na cara sul, detrás do pavillón de deporte. Ademáis, o instituto ten un perímetro exterior con diferentes especies arbóreas, e zona verde. 


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Charla sobre compostaxe

Un día de folga