Visita á horta de Servizos Administrativos


Plantación de nabizas e de Lavanda
Onte na última sesión da mañá, fomos á horta coa nosa titora Nuria e o profesor Emilio a plantar nabizas e lavanda, e a regar as colleitas que xa estaban plantadas.
Primeiro ensinounos Emilio as plantacións dos outros cursos e logo fomos á parte esquerda da horta. Onde hai unha pequeniña con diversas plantas. Aquí plantamos a lavanda. Na horta grande plantamos as nabizas. Emilio botounos unhas poucas sementes de nabizas na man a cada un e esparexémolas polo terreo, despois angazamos a terra. Por último, regamos.
Estaba un pouco seca de máis, pero é entendible, xa que o tempo non estivo nada húmido nestes meses.
Usos da lavanda:
A lavanda utilízase en infusión para as xaquecas, pode axudarche a aliviar o insomnio. Resulta apropiada como dixestivo, axuda a aliviar o estrés, e tamén é boa para as mordeduras de insectos, queimaduras solares, dores musculares e para os piollos. Tamén se utiliza como ambientador, repelente de couza e exfoliábel natural.
Usos das nabizas:
Teñen propiedades antioxidantes que axudan a previr o envellecemento, e son protectores cardiovasculares.

Opinión do alumnado:
Andrea: “Foi ameno e divertido e repetiría outra vez”.
Carmen: “A experiencia non foi moi boa, xa que facía moita calor”.
Mohamed: “Regamos coa supermangueira que teñen alí”.
Tamara: “Facía moita calor”.
Noelia: “Despois de regarmos a terra, recollemos os nosos tomates que, por certo, estaban bos”.
Noelia Alves, Carmen Cabaleiro, Cristina Calvar, Tamara Campos, Mohamed Fahmi, Andrea López

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Charla sobre compostaxe

Un día de folga